Monday 29 de April de 2024

A Xunta apoia o talento da mocidade no evento Modiña Summit 2023


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe nunha mesa redonda sobre talento, creatividade e diversidade

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe á primeira das dúas xornadas do evento Modiña Summit 2023 que se celebra na Fundación Luís Seoane da Coruña. A programación da mañá centrouse nunha mesa redonda sobre industria, comercio e turismo, outra sobre talento, creatividade e diversidade, e un desfile de moda con coleccións de deseñadores novos.

Neste desfile participaron as coleccións, entre outras, do primeiro e segundo premio do Xuventude Crea de Moda do ano pasado, Brais Albor e Antía Vieiro, respectivamente. Este desfilo estivo acompañado polos gañadores de Música deste mesmo programa deste 2023, o trío Alana. Na mesa redonda, ademais da directora xeral Cristina Pichel, interviñeron Sonia Rodríguez, responsable de comunicación externa Allianz EGO; Fran Besteiro e Ana Vázquez, creadores de Anamingo e gañadores do Xuventude Crea en anteriores edicións; Iara Viñuales, CEO Par y Escala e Patricia García, xornalista de moda e influencer.